Me acordé de esta poesía hace un rato y tardé tanto en encontrarla que creo que viene para aquí:
Adarei
Perdinte, Adarei, no medio das ondas;
Perdinte, meu rei, no medio do mar;
Perdinte na escuma que molla os meus soños;
Perdinte e agora hei de naufragar.
Busqueite, Adarei, no medio das ondas;
Busqueite, meu rei, mollada de sal;
Busqueite e tan só atopei as sombras
Da miña tristura, do meu fondo mal.
Quíxenche tanto un ano tras outro;
Quíxente tanto, poderte apertar;
mais perdinte, meu rei, e rompeu o meu soño
ó ver á túa ialma a outra entregar.
Perdinte, Adarei, no medio das sombras;
Perdinte, señor, na escuridad;
Perdín teu cariño, perdín teu sorriso,
Perdín miña ialma de tanto te amar.
(Los que no habláis gallego os jodeis ;) cariñosamente hablando, claro... xDDDDDD )
Y ya que estoy con el archivo abierto, una más de regalo:
Amalo.
Amalo inda que me doia;
Amalo inda que me pese:
Amalo inda que d’existire
a miña ialma cese.
Amalo ó nacela ialba;
Amalo cando atardece;
Amalo dende o recordo
cando a noite queda se peche.
Amalo na escuridade;
Amalo dende o tormento;
Amalo dende a distancia
do meu corazón ó seu peito.
Amalo baixo as riadas;
Querelo como a un boneco;
Amalo dende a dozura
e a soidad do meu leito.
¡Ai! Amalo quero e non quero;
que coa súa sonrisa de neno
eu os meus sentimentos perdo.